PodCast

Podcast Diario Cultural 9:30

Estrea do novo espectáculo de Magín Blanco en Narón. Reportaxe sobre a escultura Soledad Penalta, nova académica de Belas Artes.

 

Podcast Diario Cultural 9:30

Rol da muller na tradición oral na Xornada de Literatura de Tracidición Oral e colaboración do presidente da Asociación Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración da exposición ‘Wanderlust Galicia-Baviera’ e reportaxe sobre ‘Goldi libre’.

Podcast Diario Cultural 14:45

Sete viaxes e 1.200 fotografías de Galicia de Catalá Roca, mostra comisariada por Agar Ledo.

Podcast Diario Cultural 10:30

Entrevista ao director do Festival de Cans, Alfonso Pato.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración no Auditorio de Galicia da exposición “Territorios de intimidade”. Entrevista ao director de cine Jorga Coira no marco do ciclo PULSO da SGAE

Podcast Diario Cultural 10:30

Día das Bibliotecas cunha viaxe a través de varios centros de Galicia. O colaborador Roberto Pascual fala sobre as últimas propostas no mundo das artes escénicas.

Podcast Diario Cultural 20:50

A mostra fotográfica ‘Turismo e Fotografía. Català Roca en Galicia’ abre as súas portas na Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso de A Coruña ata o mes de xaneiro. Trátase dunha obra que combina a fotografía artística coa documental mesturando o expresionismo vangardista e experimental co documental. A exposición conta con 110 imaxes que representa a veciñanza, o traballo, a festa e o turismo.

Nesta edición de Diario Cultural tamén falamos da nova revista ‘Díxome, díxome’ do audiovisual galego. Esta publicación nace co obxectivo de informar sobre as últimas novidades neste eido e converterse nun punto de referencia para o sector e para toda a poboación.

Podcast Diario Cultural 17:30

Asistimos ás Regueifas de Ciencia da Universidade de Santiago de Compostela e escoitamos música clásica da man de Luís Miguel Crespo.

Podcast Diario Cultural 14:45

O escritor galego Manuel Rivas presenta hoxe o seu libro ‘Vivir sen permiso e outras historias de Oeste’ na librería Sisargas de A Coruña. Trátase dunha obra formada por tres novelas curtas nas que o tema de fondo é o narcotráfico, pero o relato vai moito máis alá e afonda na condición humana e no dilema de ser libres.

Manuel Rivas explica nesta edición de Diario Cultural que no seu libro a droga está asociada ao poder e aos seus círculos, pero o poder convértese tamén nunha droga. A historia cóntase a partir da voz duns personaxes cheos de matices. O escritor tamén contou que o nome de Oeste fai referencia á condición fronteiriza do lugar no que os seus habitantes viven ‘á beira’, sempre preto do risco.

Pin It on Pinterest