PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Propostas de cine e de teatro para esta semana. Comezaremos no cine, coa nova longametraxe do director Darío Autrán: ‘El cuarto de Mona’, unha comedia moi divertida con todo tipo de situacións disparatadas, pero para falar de temas tan importantes como a saúde mental.

E logo, o teatro. Virá o noso colaborador Roberto Pascual a falarnos da nova produción do Centro Dramático Galego, que é ‘A Peste’, dirixida por Cándido Pazó.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Sabemos que o galego é unha lingua universal, que nos conecta con milleiros de falantes en todo o mundo, que nos une coa lusofonía… pero tamén con Asturias, con León ou mesmo con Extremadura. Hoxe queremos saber máis destas variantes. Sabemos que o galego de Asturias está ademais no centro da polémica pola cuestión da súa oficialidade, así que falaremos con dous expertos como son Rosario Álvares e Henrique Costas.

E despois, tempo da literatura máis nova con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Un día importante para a cultura en Galicia e tamén no resto do país, porque conmemoramos o 20 aniversario da morte de Camilo José Cela, o noso premio Nobel de Literatura. No diario temos de convidados a dous bos coñecedores da súa obra e da súa figura, como son a catedrática da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez e o escritor Xosé Carlos Caneiro.

E logo, tempo para a música clásica con Luis Miguel Crespo, que nos comentará a programación da Orquestra Sinfónica de Galicia para os vindeiros días.

Pin It on Pinterest