Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevistamos a Rosa Aneiros e falamos con ela sobre Xelís, o guieiro das botellas de mar. Comezamos unha viaxe ata a Illa de Otlic, espazo fantástico onde podemos descubrir os protagonistas deste libro. Unha obra coa que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e que chega estas semanas ás bibliotecas e librarías da man de Xerais. 

‘En reciclaxe as xeracións máis novas estannos a dar moitas clases a nós, o que é máis difícil é o tema do non consumo’, asegura a escritora na Radio Galega.

Polo mundo con Óliver Laxe e Manal Al Sheikh

Descubrimos o mundo e as súas fronteiras a través do cine de Óliver Laxe e da poesía da iraquí
Manal Al Sheikh. A Laxe denegóuselle o permiso de viaxe para ir aos Estados Unidos presentar ‘O que arde’ por ter visitado Irán; Al Sheik tivo que deixar o seu país e vive en Noruega desde hai unha década. Manal Al Sheik participa este luns no Ciclo Poetas Di[n]versos na Coruña e ‘O que arde’ chega ás salas de cine este xoves.

Pin It on Pinterest