Radio Galega

Calros Silvar, no Encontro Galego da Ilustración

Ilustradores e ilustradoras profesionais reúnense virtualmente na edición 19 do Encontro
Máis alá do papel‘, que afondará na aplicación das artes gráficas en diferentes formatos
e homenaxeará a Calros Silvar pola súa carreira como ilustrador de natureza, humorista
gráfico e deseñador no grupo Sargadelos.

Unha selva sen palabras

A ilustradora catalá Marina Gibert é a gañadora do premio Compostela de ilustración 2021 con ‘Selva‘. A editorial Kalandraka publica este libro visual no que un neno pasea entre paisaxes de vexetación exuberante.

Carlos Santiago contra a realidade

Carlos Santiago reúne en Ontoloxía poética a súa creación lírica entre 1998 e 2018, agrupada en cinco poemarios que van do amoroso ao político nun combate continuo coa realidade. O dramaturgo e poeta participa este venres nas xornadas sobre blasfemia e censura no Museo do Pobo Galego.

Pin It on Pinterest