Radio Galega

Diario Cultural das 14:45

Diario de festivais co Galicia Freaky Film Festival en Vigo e o Vilablues Fest de Noia.

‘O cemiterio de barcos’, o lugar onde se esconden o amor e a memoria

David é un mozo adolescente que, coma tódolos veráns, ten que ir pasar un tempo á vila natal de seu pai. Ese verán non lle apetece nadiña, pero acaba alí, na casa de sempre, na praia de sempre, no “cemiterio de barcos” de sempre… E ese verán coñece a Lucía, coñece a un home misterioso, e coñece parte da historia da vila e da nosa historia como país.

‘O cemiterio de barcos’ é a última novela de Francisco Castro, director xeral de Galaxia, publicada na colección Costa Oeste.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O cemiterio de barcos’, o último de Francisco Castro en Galaxia. Entrega dos Premios Nacionais de Cultura do 18/19 con Ana Romaní e Anxo Quintela entre os galardoados.

Un éxito literario de boca a orella

Falamos con María Rei Vilas, que en 2020 gañou o premio García Barros con ‘Flores de ferro‘, publicada pola editorial Galaxia. Unha novela de lectura adictiva sobre os silencios da guerra civil que libreiros como Antón Pedreira seguen recomendando de maneira entusiasta. 

“Percorrer o tempo” na fotografía

Na exposición “Percorrer o tempo“, contedores convertidos en salas de proxeccións amosan o camiño.  A exposición acerca diversas perspectivas das rutas xacobeas a través da visión de 10 artistas do campo visual e audiovisual, tanto emerxentes como consolidados, dos que nos fala o artista e comisario da mostra Nicolás Combarro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘A outra metade. A muller na historia do deseño’ na Fundación Didac. Armando Requeixo recomenda ‘Medos’ de Héctor Carré.

Especial Diario Cultural no OUFF

O Diario Cultural na Tarde de hoxe toma a hora enteira e fai un programa especial dende o Ourense Film Festival, onde Belén Regueira e Vituco Neira conversan con Xosé Manuel Rodríguez González, comisario da exposición “Antencióooon. Rodamos en Ourense!!”; co director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández; coa presentadora do estudo sobre mulleres no audiovisual de CIMA, Mariana Carballal; con Alfonso Blanco, de Portocabo, premio Ourense neste festival; con Iván Trujillo, presidente do xurado; con Andrea, unha das voluntarias que colaboran neste OUFF; con Nicolás Echevarría, dos obradoiros de Carlos Velo; con Paulino Pérez, coordinador do Fas Muvis, e coa integrante do xurado, Manane Rodríguez.

 

 

 

Lara Dopazo Ruibal leva a Antonia Pozzi de novo ás librarías galegas

Lume branco‘ escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual. Uns poemas poboados de natureza e montaña, de soidade e morte, nos que tamén destaca a súa fonda preocupación pola crise social e política que vivían Italia e mais o resto de Europa no período de entreguerras. A tradutora ó galego destes poemas é Lara Dopazo, que nos visita e mesmo le algunha desas pezas.

Diario Cultural das 14:45

Nas Xornadas do Museo Carlos Maside e nos poemas de Antonia Pozzi que traduce ó galego Lara Dopazo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Cuarteto Quiroga presenta ‘Und es ward Licht!’. Luis Miguel Crespo presenta a nova tempada da RFG e da OSG.

Pin It on Pinterest