Radio Galega

O FIC de Bueu inicia este venres a súa 14ª edición

Máis de cen filmes serán proxectados no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu entre os días 10 e 19 de setembro. No Diario Cultural falamos con Severiano Casalderrey, subdirector do FIC Bueu, e con Alfonso Agra, que recibirá no certame o premio Cinema Galego FIC Bueu.

Diario Cultural das 17:30

Na previa da FIC de Bueu e no pasado, coa arqueoloxía que nos trae Mario César Vila.

“Serva me, servabo te” chega a Santiago

Logo da súa estrea no FETEGA, o Centro Dramático Galego levará a súa nova obra, “Serva me, servabo te”, ó Salón Teatro de Santiago de Compostela. De todo isto e máis falamos con Belén Bouzas e con Diego M. Buceta.

Diario Cultural das 14:45

Na estrea de “Serva me, servabo te“, a obra do Centro Dramático Galego que chega ó Salón Teatro de Santiago de Compostela, e no FIOT de Carballo.

O drama da resistencia dunhas monxas fronte ao poder

Roberto Pascual comeza a súa colaboración desta temporada coa lectura de ‘As desterradas’, de Carme Varela, a obra coa que levou recentemente o Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais. 

A peza recrea a historia de resistencia dun grupo de monxas fronte ao poder, representado pola Coroa, que pretende afastalas do seu fogar e pertenzas. A historia dun espolio que é tamén a historia do baleirado do rural galego. 

Celebrando o bo humor no Festival Rir

A vila de Allariz convírtese por cuarto ano consecutivo na salvagarda do humor, da comedia, do bo rollo. As protagonistas do Festival Rir son as curtametraxes, pero na vila haberá desde esta tarde concertos, monólogos, conferencias, obradoiros… e o premio especial deste ano, o “Rir Contigo”, que lle entregarán a Xosé Antonio Touriñán. 

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

4ª edición do Festival RIR de Allariz de curtametraxes de comedia. Roberto Pascual comenta ‘As desterradas’ de Carme Varela, premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais.

Á procura dos tesouros do cine doméstico

O Museo Online de Cine Autobiográfico (MOCA) busca coleccións domésticas para dixitalizar gratuítamente. Falamos con Pablo Gómez Sala, director do MOCA, e con Javier Dagá, que dixitalizou as gravacións que realizou o seu tío en Tui nos anos 60 e 70. 

Diario Cultural das 17:30

Na exploración do Museo Online de Cine Autobiográfico e na escoita do folk que nos trae Emilio Españadero.

Inicia o ciclo de conferencias sobre arquitectura e saúde “A Casa Invisible”

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza un ciclo de conferencias sobre arquitectura e saúde, chamado “A Casa Invisible”, que se celebra os martes 7 e 21 de setembro e o 5 e 19 de outubro, ás 19:30 horas no salón de actos do Museo das Peregrinacións de Santiago. Comisariado polos arquitectos Alberto Quintáns e Cristina Ansede, o ciclo conta coa colaboración da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) e o Clúster da Saúde de Galicia. Falamos, precisamente, con Cristina Ansede.

Pin It on Pinterest