Radio Galega

Estréase en Cans ‘Beiras, vivir dúas veces’

Analizamos o documental sobre a vida e figura de Xosé Manuel Beiras con nada menos que Pepe Coira e Gaspar Broullón.

Diario Cultural das 14:30

Con Pepe Coira, Gaspar Broullón e Tito Lesende

Especial Festival de Cans

Monográfico especial dende a XVIII Edición do Festival de Cans, con Belén Regueira e Vituco Neira no Torreiro de Cans e cun monte de convidados, coma os Alfonso Pato, Federico Pérez, Inés Casal e Sandra Comesaña, e con todo o que trae a nova edición deste imprescindible evento.

Volven os títeres a Redondela

Do 1 ao 5 de setembro volven os títeres a Redondela coa XXII edición do Festival Internacional de Títeres.

Que teñen en común os videoxogos e a literatura?

Que teñen en común os videoxogos e a literatura? Sobre esta pregunta contruíu a Fundación Carlos Casares as xornadas Videxogo e Literatura no museo MARCO de Vigo. Unha serie de encontros e experiencias entre profesionais de diversas disciplinas e unha oportunidade para o público de achegarse aos xogos e os libros centrándose nas narrativas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

III Xornadas sobre Videoxogos e Literatura no MARCO de Vigo. XXII edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela.

A Asociación de Profesionais de Xestión Cultural presenta as xornadas ‘Boas Novas No Camiño’

As xornadas de ‘Boas Novas No Camiño’ abordarán ao longo de mes do setembro as boas prácticas culturais nos territorios do Camiño, nesta iniciativa está organizada pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Falamos con Pilar Portela, presidenta da Asociación de Profesionais de Xestión Cultural.

Os órganos de Compostela cobran vida

Ata o 3 de setembro temos a oportunidade de escoitar os mellores órganos de Compostela de man de grandes organistas. Todo grazas á 6ª edición do ciclo ‘De Lugares e Órganos’, coordinado pola música Belén Bermejo. A igrexa de Santa Clara, a das Ánimas, a de San Francisco, San Paio de Antealtares… Todos son lugares de excepción que abren as súas portas neste ciclo.

Falamos neste Diario Cultural con Bermejo e tamén con Fernando Buide, compositor, pianista, organista e intérprete no ciclo.

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

6ª edición do ciclo compostelán ‘De Lugares e Órganos’. Mario Regueira recomenda ‘Os libros que hai en min’, de Emma Pedreira.

‘Notas para a extinción’, de Marta Dacosta

O último poemario de Marta Dacosta convida ao acougo e á contemplación nun mundo acelerado que se dirixe á extinción. Falamos con ela sobre este libro, ‘Notas para a extinción’ que publica a editorial Galaxia. 

Pin It on Pinterest