Radio Galega

Abre o pano do ‘Terceiro acto’

Estrea o 15 de abril de ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego. Unha peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez, sostida na improvisación dun elenco formado por Mabel Rivera, Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’. 

A peza ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Terceiro acto’, unha obra do Centro Dramático Galego. Roberto Pascual comenta ‘SÓS’, da compañía Malasombra.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Xosé Lois García presenta o seu poemario Alefato. Ademais, Emilio Españadero destaca o mellor da música de raíz.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

A Sede da Fundación Luis Seoane na Coruña, acolle a presentación do libro ‘O fardel de eisilado’, editado polo Consello de Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración.

4 Proxectos

O Museo MARCO de Vigo pide a catro artistas que dialoguen cos seus diferentes espazos, facéndoos maleables, potenciando as súas calidades, transformándoos. Todos mostran obra recente, a maioría producida para esta ocasióne ningún coñecía ata os días de montaxe a intención dos seus compañeiros.

Os artistas de “4 PROXECTOS” son Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, e Mar Vicente. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

“4 PROXECTOS” no Museo MARCO de Vigo. Armando Requeixo recomenda ‘Cóntamo outra vez, Rick’, os relatos de José Ángel Xesteira.

‘A emperadora’ da compañía de teatro USC-Lugo

A compañía de teatro USC-Lugo estreará a peza ‘A emperadora’ nesta edición do Festival de Teatro Universitario da USC, ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

 

Todo o que nos dá Verto

‘Embora’ é o recén estreado traballo discográfico do dúo Verto. En homenaxe ao seu éxito, ‘Todo o que che din’, comprobamos con Alberto Mira que é todo iso que Verto nos dá. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Embora’, o novo disco de Verto. Arranca o Festival de Teatro Universitario da USC-Lugo. A Orquestra Sinfónica de Galicia interpreta a Stravinsky.

‘Ons’ e ‘A illa das mentiras’, gañadoras dos Mestre Mateo

Conversamos no Diario Cultural do domingo con Alfonso Zarauza e Paula Cons, directores dos filmes con máis recoñecemento nos premios do audiovisual galego.
‘Ons’ conseguiu nove galardóns, entre eles, o de mellor película, e ‘A illa das mentiras’ logrou cinco premios, incluída a mellor dirección.

Pin It on Pinterest