Radio Galega

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Xurxo Fernandes presenta o seu novo traballo ‘Levaino’. Ademais, Beli Martínez faranos unha previa dos Mestre Mateo 2021.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Desenvólvese a Primavera da Danza, un ciclo estable de danza contemporánea que ten lugar durante varias fins de semana da primavera, especialmente no mes de abril e que leva celebrándose dende hai máis de dez anos.

Como ser un bo cuñado

Xa está nos cines ‘Cuñados’, a comedia galega do momento, participada pola Televisión de Galicia.

No Diario Cultural temos a dous bos cuñados, coprotagonistas da película, que ademais nos dan unha clase maxistral de cuñadismo.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Hoxe falamos sobre o museo virtual MUV, coa gañadora do premio Minerva Paula Varela e Tito Lesende vén con bastante morriña.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo acolle como actividade paralela a exposición ‘Ons Soa’, comisariada por Paula Ballesteros-Arias.

Viaxe de pedra

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo.

A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos mais innovadores do século XX. A mostra pode verse no Museo das Peregrinación de Santiago de Compostela.

Premios da Cultura Galega

Ledicia Costas, Xurxo Lobato, FEGATEA, A Central Folque, Chema Prado, Xosé González Martínez, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj, son os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2020 que se entregan hoxe na Cidade da Cultura.

No Diario Cultural falamos con dous deles, a Federación Galega de Teatro Afeccionado e Xurxo Lobato.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Falamos sobre cine belga online no MOCA, sobre socalcos na Ribeira Sacra e o noso colaborador Mario César Vila mirará cara o Antigo Exipto.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Presentouse hoxe na Coruña o festival Resis de música contemporánea de Galicia. Falamos co seu director Hugo Pérez Chao.

Pin It on Pinterest