Radio Galega

Vestir de época virtualmente

A exposición ‘Vestir Épocas 1860-1960’ do Museo de Belas Artes da Coruña pódese visitar agora de maneira virtual. Román Padín explícanos a excepcionalidade desta colección González-Moro. 

‘O Pacto do Letargo’, mellor libro editado

O Pacto do Letargo‘, de Miguelanxo Prado, e deseñado por Kiko da Silva en Retranca Editora, foi seleccionado Premio Paraugas ao Mellor Libro Editado nos V Premios do Clúster da Comunicación de Galicia. 

Podcast | Diario Cultural das 10:30

‘O pacto do letargo’, mellor libro editado. Vestir épocas no Museo de Belas Artes. Escritoras galegas ‘Libres e vivas’.

Científica do Ano 2021: Jimena Fernández de la Vega

A Real Academia Galega das Ciencias nomea “Científica do ano 2021” á pioneira da xenética, Jimena Fernández de la Vega.

Quen foi esta muller e cal é a súa aportación á ciencia? Coñecémolo da man de Alicia Estévez, vicepresidenta da RAGC

Podcast | ‘Diario Cultural’ das 10:30

Día de Darwin con Manuel Vicente. Jimena Fernández de la Vega, Científica do Ano 2021. Alba Cid recomenta ‘Os paxaros e outros poemas’.

A radio como ponte

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. No Diario Cultural conversamos con Santiago Veloso e Flamiano Martins, do proxecto radiofónico ‘Ponte nas ondas‘. O seu traballo cos nenos e nenas, de un e outro lado da raia entre Galicia e Portugal, leva anos traspasando fronteiras.

 

50 anos da Agrupación Cultural Francisco Lanza

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebra o seu 50 aniversario. Desde 1971 actúa como dinamizadora cultural, con conferencias, concertos e promoción do libro galego.

Falamos coa súa presidenta, Dores Fernández Abel

O MARCO fai balance

Miguel Fernández Cid, director do Museo de Arte Contemporanea de Vigo fai falance do pasado ano para a institución e para a arte; e avanza as propostas do museo para este 2021. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O MARCO de Vigo fai balance. 50 anos da A. C. Francisco Lanza. Novidades audiovisuais con Begoña Vázquez.

A trastenda dos contos

O narrador Caxoto segue levando a tradición oral co seu programa ‘A Trastenda dos Contos‘.

Pin It on Pinterest