Radio Galega

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe celebramos o aniversario da Galería Xerión da Coruña.

Premio Ramón Baltar Feijóo para o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao

O libro ‘As orixes da fotografía en Galicia’, do fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao, gaña o Premio de Investigación Ramón Baltar Feijóo.

Carlos é investigador desde hai máis de 20 anos e a súa obra é pioneira. Achega descubrimentos sorprendentes sobre a historia de Galicia, concretamente sobre Rosalía. 

Este galardón recoñece obras relacionadas co fondo documental do Arquivo Baltar Feijóo, con máis de 400 documentos desde o Rexurdimento á Xeración Nós. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Premio Baltar Feijóo para ‘As orixes da fotografía en Galicia’ de Carlos Castelao. Dous libros sobre a complicidade interxeracional que nos trae Montse Pena Presas.

‘A Pedreira’ de Ugia

A Pedreira é a nova proposta escénica da artista galega Ugia Pedreira, un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Poderá verse o 18 de decembro no Teatro Colón da Coruña. 

Diálogos entre lenzos e partituras

A fundación Alexandre Bóveda e a Asociación Cultural Aïs organizan todos os mércores na canle de youtube, as confluencias entre música e artes visuais. Cada mércores ata o 6 de xaneiro publicarán un diálogo entre varias artes, expostas en espazos da Coruña. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Lenzos e Partituras’ en youtube. ‘A Pedreira’, o novo espectáculo de Ugia. Armando Requeixo con ‘Bica de Montouto’.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe María Lado publica o seu poemario ‘Gramos Stendhal’

Xurxo Mariño e a ciencia da linguaxe

Xurxo Mariño publica ‘Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe’.

Como comezamos a falar? Onde se localiza a linguaxe?

Aprendemos máis sober a nosa fala, con Xurxo Mariño. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Ciencia con Manuel Vicente e Xurxo Marño. A homenaxe da RFG ao Padre Calo con Luis Miguel Crespo.

Pin It on Pinterest