Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Presentación do libro “Don Ricardo de Fingoi” en Lugo, con entrevista a Xulio Xiz. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.

Otero Pedrayo como “conciencia, icona e referente de Galicia”

Falamos con Carlos Amable Baliñas Fernández, filósofo e biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, unha das voces máis autorizadas sobre esta figura chave do galeguismo do século XX. 

O premio Otero Pedrayo é dos máis lonxevos de Galicia, promovido pola Xunta e as catro deputacións provinciais, e este ano recae nas diversas fundacións dos persoeiros da Xeración Nós: Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Premio Otero Pedrayo 2020 para as Fundacións a Xeración Nós. “Plan de rescate” no Comentario de Montse Pena Presas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Terceira edición de Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo na Coruña. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Unha III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea moi colorida

A sala de exposicións Afundación de Santiago convértese nunha auténtica explosión de cor con “Cromática”, a III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. 

O protagonista é o concepto da cor en técnicas tan diversas como o videoxogo, animación, guache, collage ou cerámica. 

É ademais unha mostra moi feminina, con 12 mulleres entre os 19 artistas expostos. Destaca tamén a presenza do multipremiado Conrad Roset co seu videoxogo ‘Gris’, de marcado carácter artístico. 

Falamos coa súa comisaria, a experta en ilustración Matilde Rodríguez. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Cromática’: III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. ‘Silencio’: un libro de relatos científicos no comentario de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

“Vivir na Fin do mundo”, editado en galego por Rinoceronte, con entrevista aos tradutores. Colaboración de Rosario Sarmiento sobre arte.

Xesús Fraga traduce a obra de Jack Kerouac ao galego nos 50 anos do seu pasamento

Entrevista a Xesús Fraga, tradutor de Na estrada, a obra de Jack Kerouac, un dos máximos expoñentes da xeración Beat. Un clásico da literatura norteamericana do século XX que agora poderemos ler en galego editado por Kalandraka. 

‘A voz presente’: continuamos celebrando o 110 aniversario de Carvalho Calero

Continúan as homenaxes a Ricardo Carvalho Calero no ano do seu 110 aniversario e no que se lle adican as Letras Galegas. 

Falamos con Carlos Quiroga, comisario de ‘A voz presente’, a exposición itinerante sobre o escritor que, desta vez, e en versión estendida, poderemos ver no Centro Torrente Ballester de Ferrol ata o 22 de novembro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘A voz presente’, exposición sobre Carvalho Calero. ‘Na estrada’, a tradución da obra de Jack Kerouac ao galego.

Pin It on Pinterest