Radio Galega

Nos meus anos 20… Menchu Lamas

Nos meus 20 anos…  personaxes referentes e consolidados contando que facían na súa década dos 20 anos: hoxe a pintora Menchu Lamas.

‘Hai unha virxe alí arriba’: a nova curta de Brandán Cerviño

Sección de Brais Lorenzo, o noso experto en audiovisual: hoxe, a nova curta de Brandán Cerviño. 

Lorena Conde e Lara Dopazo: autoras galegas para o futuro

Tamara Andrés achéganos hoxe a dúas autoras galegas con moito futuro: Lorena Conde e Lara Dopazo, que están a piques de publicar os seus próximos libros. 

Zeta | Episodio 4

Colaboracións de Tamara Andrés e Brais Romero. ‘Nos meus anos 20…’ con Menchu Lamas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

María Manuela recibirá o día 21 o premio honorífico na Gala Martin Códax. Nova campaña arqueolóxica no Galeón San Giacomo de Ribadeo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

O FIOT de Ourense acolle dúas estreas de danza e teatro: ‘O raro é que bailar sexa raro’, de Andrea Quintana, e ‘O Premio’, de Santiago Cortegoso. Colaboración de Alfonso Espiño sobre música.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Comezan as xornadas de homenaxe a Valle Inclán na Pobra do Caramiñal . Exposición “Saturno” sobre a obra máis recente do pintor Victoriano Fernández.

O mundo do porvir: unhas xornadas do Consello da Cultura Galega arredor de Concepción Arenal

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as Xornadas “O Mundo do Porvir: Bicentenario do Nacemento de Concepción Arenal Ponte”. Terán lugar en diversas localidades nas próximas semanas.

O ciclo continúa no Ateneo de Ferrol este venres ás 18h con “Amor, educación e igualdade para o progreso”, que contará con María Xosé Porteiro, Celia Pereira Porto, Ana Romero Masiá e África López Souto.

No Diario Cultural falamos con Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada e membro da Sección de Pensamento do CCG. 

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía: “Este premio é da cultura, da lingua e de todos os nosos escritores e escritoras”

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía co poemario Feliz Idade, pulicado en Faktoría K de Kalandraka.

É o segundo recoñecemento que recibe, logo do recente Premio Nacional da Crítica Española. O xurado destacou que se trata dun “relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”, relacionando “a maternidade e a morte cunha fonda presenza crítica da memoria histórica”. 

Este premio é da cultura, da lingua e de todos os nosos escritores e escritoras.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía. “O mundo do porvir”: xornadas do CCG arredor de Concepción Arenal. 35 anos de Teatro do Atlántico.

Pin It on Pinterest