Radio Galega

Javi Camino presenta no OUFF “Nación de los muchachos: utopía o muerte”

O documental reconstrúe a historia de Benposta, a cidade habitada e gobernada por nenos que o sacerdote revolucionario Jesús Silva fundou nos anos 60 nos arredores de Ourense, único enclave democrático da España franquista, que chegou a atraer a máis de 30.000 mozos.

Javi Camino revive esta historia en “Nación de muchachos: utopía o muerte””, o seu primeiro documental longo, que chega agora ao Ourense Film Festival.

Diario Cultural das 17:30

O catálogo da mostra Pensando coas mans, realizado para a Cidadeda Cultura, recibirá o premio de deseño Laus 2020. Javi Camino presenta no OUFF a peli de Nación de los muchachos. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Nace dende o concello de Noia o libro CD “O Uniforme Movemento Divino”

O pasado ano, o Concello de Noia deu continuidade á construción dos instrumentos do Portal de San Martiño para recuperar o son do pasado da vila. Agora nace ‘O Uniforme Movemento Divino’, un libro CD que recolle todo o proceso de conversión deses instrumentos de pedra en madeira e, posteriormente, en simples ondas aéreas que excitan os nosos tímpanos.

Diario Cultural das 14:45

Libro CD “O uniforme movemento divino”

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo

Este músico de Sarria comezou con 11 anos na banda municipal. Hoxe é constructor, multiinstrumentista, investigador e recuperador de instrumentos perdidos no tempo.

Na súa impresionante colección hai caracolas de Oceanía, frautas chinesas, unha frauta indíxena, unha gaita colombiana, unha Kawala exipcia de cana, unha Zurna e un Duduk armenios, un Shofar yemenita. Atesoura un Dord, unha trompeta irlandesa da idade de bronce e un Karnyx, trompeta celta duns 2.300 anos de antigüidade coroada cunha cabeza de xabarín (ambas construídas por el mesmo). 

Diario Cultural das 10:30

Hoxe falamos con Abraham Cupeiro que presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo. 

E esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de Once contos peregrinos de Vanessa Fernández Segura.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta o ciclo ?Mulleres na historia?

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza o ciclo de cinema “Mulleres na historia”, en colaboración coa Deputación da Coruña. Hoxe, ás 20:30, no hotel Araguaney, o filme “¡Las Sandinistas!”.

Diario Cultural das 17:30

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza o ciclo de cine “Mulleres na historia”. Entrevista a Berta Dávila, autora de ‘Carrusel’.

Xerais publica “Non fales o que non debes”, unha novela de Luis Manuel García Mañá

Non fales o que non debes, é un consello que a todos nos fixeron nalgún momento da nosa vida. Agora é o título da última novela de Luis Manuel García Mañá publicada por Xerais. A historia dun xuíz que xace morto na rúa, e que nos abre as portas ao funcionamento dun dos tres poderes do Estado: o xudicial. Focalizado, ademais, na vida dun xuíz cunha vida bastante achegada ó sórdido, malia non ser o que un esperaría atopar na vida dun maxistrado. 

Entrevista a Aitana Cuétara, xurado no concurso Musicando Carvalho Calero

Hoxe conversamos con Aitana Cuétara, xurado no concurso Musicando Carvalho Calero 2020, sobre os máis de 78 temas que chegaron, do xurado e o mecanismo do concurso.

Constituirase un xurado con participantes de AGAL e da CRTVG para a selección de 10 finalistas e, despois, o público poderá votar ata o remate do mes de outubro 

Pin It on Pinterest