Radio Galega

Podcast Diario Cultural 17:30

“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e editado por Xerais.

Tito Lesende preséntanos o panorama musical desta semana. Brais Morán pecha o ciclo DOCE na Sala Mardi Gras da Coruña este venres 23 de novembro. Ademais, o Coliseum da cidade herculina recibe un dos concertos de Loquillo. En Ponteareas, Santi Araújo presenta este domingo o seu disco “Catedral”, publicado a comezos deste mesmo mes.

Podcast Diario Cultural 10:30

Celebramos Santa Icía, patroa da música, cunha descuberta: os cantos das mulleres que traballaban nas fábricas de conservas de Galicia, en que se reflectían as súas condicións laborais e a súa realidade cotiá. Tamén falamos de estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Un galardón que convoca o departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora, que nesta edición se lle entrega á obra de Fran Pintadera e Christian Inaraja. Un libro ilustrado que fala sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. Falamos cos autores da obra.

Podcast Diario Cultural 17:30

‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

Ademais, falamos co fotógrafo Adolfo Enríquez, gañador do premio Siena International Photo Awards.

Carlos Portela amósanos ‘Eu, tolo’, a segunda publicación dunha triloxía de Keko e Antonio Altarriba.

Podcast Diario Cultural 10:30

Inauguración da exposición ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Mulleres Enredadas: reinventando coplas, xotas ou alalás

Carmen París, Martirio, Uxía e Ugia Pedreira conforman Mulleres enredadas. Estas catro mulleres reinventan xéneros como a copla, a xota ou os alalás con outras músicas facendo que cheguen a outra audiencia.

Podcast Diario Cultural 17:30

Mulleres Enredadas chega este xoves ao Teatro Colón da Coruña.

Ademais, Luis Miguel Crespo fálanos sobre o 3º Ciclo Lírico Ourense 2018 que se celebrará na cidade das Burgas esta fin de semana.

Mañá estréase en Cineuropa “Morir para contar”

Nerea Barros preséntanos “Morir para contar”, un documental dirixido por Hernán Zin. Esta obra conta a historia de grandes reporteiros de guerra que narran as súas peores lembranzas e o xeito no que se enfrontaron a elas. Ao mesmo tempo, coñecemos de preto o traballo de quen brinda axuda aos xornalistas que padecen tensión postraumática. Cada protagonista de “Morir para contar” falará dun conflito en particular, polo que será tamén unha viaxe á guerra desde Vietnam ata os nosos días, así como unha homenaxe aos compañeiros.

Podcast Diario Cultural 17:30

Cineuropa presenta a estrea do documental “Morir para contar”, dirixido por Hernán Zin.

Rosario Sarmiento fálanos da mostra de fotografía da mexicana Graciela Iturbide na Fundación Barrié da Coruña.

Cancións clínicas: unha catarse post-punk

Chicharrón publican con Prenom o seu terceiro disco, un traballo circular en branco, negro e vermello que se presentou en directo en Carballo. Unha ocasión para falar coa banda pero tamén para coñecer o novo centro social autoxestionado Casino 1889.

Pin It on Pinterest