Radio Galega

Presumido saca o seu segundo single e prepara novo disco

O dúo vigués de pop electrónico formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte saca o seu segundo disco. Ávila cóntanos como, logo de deixar a súa anterior productora, venderon os seus instrumentos para poder sacar adiante este novo proxecto.

Podcast Diario Cultural 17:30

O dúo vigués de pop electrónico, Presumido, sacan single e preparan o seu novo disco.

Ademais, a nosa colaboradora experta en audiovisual, Beli Martínez, fálanos sobre “Unha gran burla negra”, un documental de Diego Vites e Sara Pérez, que se estreou esta semana no Cineclube Compostela.

 

The Beatles chegan ao mundo do cómic

“Yellow Submarine” é unha adaptación á banda deseñada do filme, co que se celebra o seu 50 aniversario. Trátase dunha publicación de 112 páxinas, redebuxadas por Bill Morrison.

Na historia John, Paul, George e Ringo viaxan a Pepperland e loitan para liberar esta terra do malvado gobernante Xefe Mezquino Azul, que detesta a música.

Podcast Diario Cultural 17:30

Falamos con Tomás González, editor do libro “Contos dos Sacaúntos. Romasanta e as mulleres”.

Tamén imos ata a Sala Capitol, onde esta noite NAO estrea o seu novo disco, “Ata que o lume se apague”.

O noso colaborador, Carlos Portela, amósanos o cómic dos Beatles.

O filme “As Bruxas de E´lente” preséntase no OUFF

O filme “As Bruxas de E´lente” presentouse esta fin de semana no OUFF. Simón Vázquez, director da película, fálanos de como naceu a idea e como se levou a cabo.

Podcast Diario Cultural 17:30

O filme “As Bruxas de E´lente”, dirixido por Simón Vázques, presentouse esta fin de semana no OUFF.

Ademais, imos ata a tenda de instrumentos musicais Estudio 54, en Santiago de Compostela. O lugar é un punto de encontro de musicos da escena galega e incluso estatal.

Finalmente, o noso colaborador Miguel Crespo fálanos sobre o violinista, compositor, director e docente galego, Andrés Gaos.

“Con el viento” proxéctase en Numax

O filme “Con el viento”, dirixido por Meritxell Colell Aparicio, gañadora da Biznaga de Prata ao Mellor Filme da Competición Zonazine no Festival de Málaga 2018, proxéctase no Numax.

A película narra a historia de Mónica, unha bailarina que se ve obrigada a volver á casa por un problema familiar e se refuxia dos problemas na danza.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Auditorio Municipal de Ourense acolle hoxe o concerto “Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano”, de Noemí Salomón ao piano e Anaís Fernández como soprano.

“Con el viento”, un filme dirixido por Meritxell Colell Aparicio, proxéctase en Numax.

Ademais, Menchu Lamas entra na Academia Galega de Belas Artes.

As obleas de Lucía Aldao puxeron a ‘comungar coa poesía galega’ ao público de Culturgal

Relatamos unha das presentacións máis singulares da feira e percorremos os stands á procura da visión de media ducia de editoras sobre a campaña de novidades que xera a feira das industrias culturais.

Podcast Diario Cultural 9:30

As obleas poéticas de Lucía Aldao puxeron a ‘comulgar coa poesía galega’ ao público de Culturgal. Relatamos unha das presentacións máis singulares da feira e percorremos os stands á procura da visión de media ducia de editoras sobre a campaña de novidades que xera a feira das industrias culturais.

O premio nobel de química Jean Pierre Sauvage visita Compostela e cóntanolo o noso divulgador científico, Manuel Vicente.

Pin It on Pinterest