Radio Galega

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos do filme ‘Elisa e Marcela’ de Isabel Coixet. Tamén repasamos os gañadores dos Premios da Cultura Galega e falamos do libro ‘Natura’ de Iolanda Zúñiga.

Luísa Martínez fálanos do seu libro “Puf! Vaia peido”

Falamos coa doutora en Ciencias do Mar e escritora do libro “Puf! Vaia peido”, Luísa Martínez Lorenzo.

Podcast Diario Cultural 17:30

Falamos coa doutora en Ciencias do Mar e escritora do libro “Puf! Vaia peido”, Luísa Martínez Lorenzo.

Ademais, noso colaborador, Tito Lesende, tráenos a axenda de concertos da fin de semana. O sábado 12, estarán no Pazo da Cultura de Pontevedra, a arxentina Nathy Peluso xunto á rimadora galega Wöyza. Ese mesmo día, pero na Sala Capitol de Compostela, actuará Tarque, o cantante de M Clan co seu proxecto en solitario.

 

Podcast Diario Cultural 17:30

Conversa en profundidade con ‘Mofa e Befa’,  Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Circum chega ao Modus Vivendi en Compostela

O Modus Vivendi muda a súa pel este xaneiro e convértese, durante cinco meses, nun local de ensaio e experimentación para catro formacións. Catro bandas creando e medrando diante dos ollos do público, interpretando un repertorio coñecido pero distinto cada noite. Circum é o nome que lle dan a este proxecto.

Podcast Diario Cultural 17:30

O pub máis antigo de Galicia, o Modus Vivendi, acolle Circum.

Ademais, a nosa colaboradora Alba Cid fálanos sobre a poesía reunida de Xela Arias.

Podcast Diario Cultural 17:30

Bastards On Parade estrea o seu novo disco “Cara a Liberdade”

Ademais, a nosa colaboradora Rosario Sarmiento, fálanos sobre a mostra “Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López”.

Pin It on Pinterest