Radio Galega

“Deitado na area”, a nova canción de Alfonso Espiño.

Escoitamos o novo single de Alfonso Espiño, “Deitado na area” e falamos con él sobre o seu percorrido dentro da industria musical. 

 

Xabier Cid presenta “10.000 millas de andar na bici”

“10.000 millas de andar na bici” é un libro que nos transporta a Glasgow. A cidade onde Xabier Cid estivo traballando, entre 2018 e 2020, como repartidor de comida rápida. Unha profesión que estivo  agochando ós seus coñecidos e que agora decide narrar nesta obra.

No Diario Cultural quixemos conversar co propio Xabier Cid sobre a súa novela.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Martes de lecturas co noso colaborador Armando Requeixo, que escolleu, para pechar a temporada, a nova novela de Héctor Pose, ‘Muxos’.

Pero comezamos o día paseando polas rúas de Combarro, co mar e o seu conxunto histórico, eses fermosos hórreos de fondo. A Asociación Armadiña organiza a II Semana do Museo, unha serie de actividades para reivindicar a creación dun museo na vila.

Minuto e resultado da actualidade festivaleira de Galicia

Como é habitual na nosa comunidade en xullo, esta é unha fin de semana chea de festivais. No Diario Cultural quixemos comentar algunha destas citas imperdibles. Conversamos con Jorge Álvarez sobre o Silfest (O Barco de Valdeorras), con Seva Figueirido sobre o Kanekas Metal Fest (Cangas), con Álvaro Fernández sobre o Castelo Rock (Muros) e con Luis Campos sobre o Festival Sinsal (Illa de San Simón).

 

Xosé Ramón Pena presenta “En tempo de desconto”

Xosé Ramón Pena fainos viaxar no seu novo libro “En tempo de desconto”. Catro relatos ficcionados que nos convidan a soñar e cos que podemos desfrutar da maxia da súa palabra. No Diario Cultural quixemos conversar con él sobre esta obra e sobre a súa forma de contar historias. 

Arde a nosa historia no lugar do Vilar

Os incendios están arrasando co monte galego, perdemos vexetación e diversidade. Morre a fauna autóctona. Arrasa coas casas… Os incendios desta semana en Valdeorras e no Courel levaron por diante vida natural, (maís de 20.000 hectareas entre os dous, de espazos protexidos de alto valor natural, patrimonial e etnográfico) pero tamén recordos, a memoria da veciñanza.

O lume arrasou tamén no Courel co núcleo do Vilar, no concello do Folgoso. Alí arderon 13 das 15 casas. Entre elas, a de Xan, Xan de Vilar: un home que leva no nome o lugar ao que dedicou e dedica toda a súa vida.

Viaxamos co catedrático de historia da USC, Lourenzo Fernandez Prieto, a avaliar os danos do lume nun lugar coma O Vilar. Ata alí se achegaba con regularidade co seu alumnado para coñecer un conxunto excepcional formado polo museo, o castro, a igrexa e os soutos, entre outras xoias patrimoniais.

 

 


 


 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A vaga de incendios deixa miles de hectareas queimadas, bosques autóctonos perdidos, casas destruidas, fauna morta… e o noso patrimonio cultural e etnográfico gravemente ferido. Hoxe imos co catedrático de historia Lourenzo Fernandez Prieto a avaliar os danos do lume nun lugar como O Vilar, en Folgoso do Courel, que gardaba pequenas xoias patrimoniais.

E despois, as lecturas de verán de Montse Pena Presas.

Pin It on Pinterest