Radio Galega

‘Once cancións e unha danza’, do pianista Alberto Vilas

O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. Unha reportaxe de Ánxela Diéguez.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. É unha reportaxe de Ánxela Diéguez. Na sección de voces expertas, Alfonso Becerra fai balance do ano escénico 2023. Na lírica, destaca o traballo e o repertorio das asociacións de amigos da ópera da Coruña e Vigo. Entre eles, destaca a novidade da ópera infantil ‘Oca’, con letra de Gloria Rico, e con música e composición de Juan Durán. O ano 2023 comezou xa co éxito da estrea de ‘Mosca’, da compañía Ártika, con texto e dirección de Gustavo del Río.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O director de cine Enrique Otero explica os segredos de ‘Honeymoon’, un filme que se estrea o 12 de xaneiro de 2024. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo fal balace da música clásica en 2023: destaca os novos cambios nas orquestras galegas e o éxito de festivais coa música clásica como epicentro.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O escritor Xesús Fraga publica ‘Río Miño’, un libro que é froito dunha viaxe pola beira do río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Seis meses de travesía que dan orixe a esta nova obra da literatura de viaxes. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra fai balance literario de 2023. Destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e publicada pola Deputación de Ourense. No xénero do teatro, sinala as obras de Ana Abad e Roberto Salgueiro.

Un Nadal de concertos

Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar.

Pin It on Pinterest