Ana Abad

Márketing para actores con Yago Durán

Ana Abad fala co intérprete Yago Durán que vén de lanzar un curso online de márketing actoral. Durán explica a importancia que esta cuestión ten para un actor ou unha actriz e conta como está a situación das artes escénicas en Turquía, onde vive, e a súa experiencia alí. 

O intérprete leva anos afondando no márketing para os actores, investigando cales son as súas necesidades e cales son as ferramentas que poden contribuír a presentarse e desenvolverse mellor no mercado laboral. 

Alba Pérez e a Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq

Na sección de Ana Abad viaxamos ata París para coñecer desde dentro a Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq. Conversamos con Alba Pérez, actriz galega alumna do centro francés, que nos describe a súa experiencia, o método formativo, a situación do teatro coa chegada da covid-19 e os seus futuros proxectos.

Terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual publica as bases da súa terceira convocatoria. Trátase dunha unha iniciativa da compañía de teatro Feira do Leste, que vai asociada ao  proxecto editorial Á Feira Edicións. O certame pon o  foco en novas formas e temáticas dramatúrxicas e está a piques de  saír o segundo volume coa peza gañadora da segunda edición, xunto con  obras doutras creadoras e creadores.  

A cantante MJ Pérez e a súa relación coas artes escénicas

Ana Abad achéganos á figura da cantante MJ Pérez, que afonda na súa relación coas artes escénicas. Tamén reflexiona sobre as súas cancións ‘Vai embora’ e ‘Mariluz’.

O Festival de Pezas dun Teatro do Porvir á palestra

Ana Abad, experta en artes escénicas, debúlla o Festival de Pezas dun Teatro do Porvir. Procesos abertos de escrita dramática. Galiza e Portugal’, organizado pola sección de literatura dramática da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado o 21 de novembro dentro das xornadas de Literatura Dramática.

Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia

Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.

 

 

 

Pin It on Pinterest