Cibrán Tenreiro

Doutor en Comunicación e Información Contemporánea pola USC, fai varias cousas na vida: como xornalista colabora ou colaborou con medios musicais, cinematográficos e culturais como Tempos Novos, A Cuarta Parede ou o programa Onda vital da Radio Galega, ademais de ser o autor do blog Bolsa de Patacas. Como músico, é membro das bandas Esposa, Zara e Monstruo, e colaborou con proxectos como Pantis, Ataque Escampe ou Chicharrón. Participa ademais en iniciativas como o Cineclube de Compostela, o Galician Bizarre ou o Festival de Saumede e traballa na comunicación cultural de proxectos como o Carballo Interplay, Curtocircuíto ou o Festival de Cans.

Pin It on Pinterest