Dúas estreas: Crónicas do paraíso de Sarabela e Karelu d’Os Náufragos

O inicio da tempada teatral déixanos dúas estreas: a da histórica compañía ourensá Sarabela e a da nova compañía Os Náufragos.
No caso da primeira, trátase dunha peza inspirada n’As Crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro, dirixida polo actor da compañía Elefante Elegante Gonçalo Guerreiro. Un espectáculo con reminiscencias á road trip, ao xénero da maxia ou ao spaghetti western. Cómica, simbólica e crítica, esta viaxe ao mundo da fantasía de Cunqueiro e á cobiza do mundo actual, lévonos a gozar de fermosas imaxes nas que destancan os fondos de cor do escenógrafo Baltasar Patiño, que siluetean a uns personaxes corais que nos irán descubrindo a inmortalidade dos pecados capitais.
Karelu foi a estrea d’os Náufragos en abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e que estes días se presentou en escenarios de Santiago de Compostela e Vigo. A obra, orixinal de Gustavo del Río e Ismael Gil Candal, conta coa interpretación de Santi Cuquejo e Denís Gómez e proponnos unha visión sobre as diversas masculinidades, así como a pegada e a reconciliación coa violencia paterna nunha visita á casa familiar e aos obxectos e paisaxes do recordo infantil. 
Dúas estreas do noso teatro para vermos na tempada en escasos lugares até o momento…

Pin It on Pinterest

33 Shares
Share33
Tweet
Share