Abril, mes do circo

Cada terceiro bado do mes de abril celébrase, dende hai 10 anos, o Día Mundial do Circo. Máis alá das carpas tradicionais, moitas compañías de novo circo souberon facer evolucionar esta arte milenaria protagonizando aspectos como a unidade conceptual, a dimensión visual da posta en escena e a fusión de varias artes, dende a música en directo ata a maxia ou a performance.

En Galicia, unha das compañías pioneiras, Pistacatro, tanto en formación coma en produción de espectáculos que presentan orixinais mundos ou versións de textos a través da acrobacia ou de números aéreos sen renunciar á homenaxe dos pallasos ou do circo tradicional, preparou unha Gala do Circo no Auditorio de Galicia o pasado domingo.

Igualmente, o número especial de circo que acaba de lanzar a Revista Galega de Teatro, a memoria do legado da Ciudad de los muchachos de Bemposta en Ourense que nos trae o documental Manoliño Ngema estreado esta pasada fin de semana no Play-Doc de Tui ou o premio Feten ao mellor espectáculo de rúa para o dúo compostelán Sincronacidas por Ohlimpiadas, veñen pór de manifesto, xunto con moitas outras actividades organizadas en moitos dos nosos escenarios, que o circo é unha arte atractiva tanto para un plan familiar coma para o público máis esixente que procura nas artes escénicas sorpresa e innovación.

Pin It on Pinterest