As novas tecnoloxías na obra ‘Despois das ondas’

Seguimos falando do uso de novas ferramentas e linguaxes no teatro galego a través do espectáculo “Despois das ondas”, que parte do texto de Ernesto Is gañador do premio Rafael Dieste en 2017. Un premio convocado pola Deputación da Coruña que agora inclúe nas súas bases a escenificación da obra gañadora. Encárgase da representación a compañía Butaca Zero, con dirección de Xavier Castiñeira.

“Despois das ondas” é un espectáculo teatral e tamén un filme en directo, e inclúe elementos novidosos como a presenza dun sonidista en escena acompañándoa as accións proxectadas nunha gran pantalla central. O xogo e o artificio non se ocultan. A peza é unha viaxe pola vida da actriz galega María Casares, exiliada en Francia coa súa familia desde a guerra civil. Nerea Brey interpreta a Casares moza e Belén Constenla encarna a actriz no seu regreso a España nos anos 70.

Pin It on Pinterest