As variantes do humor na Mostra de Cangas

O humor en todas as súas vertentes orienta a Mostra de Teatro de Cangas.

A gran ofensa, formato televiso procedente de Cataluña que fai partícipe á persoa espectadora converténdoa en xurado popular para ditaminar o veredito duns humoristas acusados por unha vítima do terrorismo por atentar e ofender cos seus chistes ao seu honor. Cando deixa de ser humor un exercicio cómico libre e pasa a ser un delito, por enaltecimento do terrorismo ou incitación ao odio, por exemplo?

Vacas, guerras, porcos e cregos, de Quico Cadaval amosa un humor apegado a outro contexto explorado polo comediante, que investiga e documenta léxico, anécdotas e historias verosímiles da veciñanza do seu lugar natal. A sociedade, a recepción é a que perfila o humor e a súa eficacia, o grao de tolerancia, o poder e o valor concedido.

Estes días no festival de Cangas podemos tomarlle a temperatura ao tratamento do humor, ao debate que xera e o moito que nos libera, nos proe ou nos remove.

Pin It on Pinterest