Escoitamos o novo traballo de Xose Lois Romero & Aliboria

Escoitamos hoxe un adianto do que será o segundo disco de Xose Lois Romero & Aliboria e unha mostra do traballo discográfico recén publicado por Caldo, unha nova formación que se suma ao amplo abano de ofertas da música folk en Galicia.

A continuación centrámonos nos grupos que participarán o vindeiro domingo na Festa do Queixo en Arzúa. Primeiro Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre e despois Sés serán os protagonistas desa xornada de peche da festa. Uns concertos que Lume Na Palleira ofrecerá completos a través de Radio Galega Música.

Pin It on Pinterest