‘Estamos todas bien’, a novela gráfica de Ana Penyas

A recomendación de banda deseñada desta semana é ‘Estamos todas bien’, unha novela gráfica escrita e debuxada pola valenciana Ana Penyas e publicada por Salamandra Graphic que vén de acadar o Premio Nacional de Banda Deseñada. Unha obra coa que a súa autora xa gañara o Premio de novela gráfica Fnac Salamandra e o Premio ao Autor Revelación no último Saló del Cómic de Barcelona. Unha novela gráfica na que fala das súas avoas Maruja e Herminia, dúas mulleres que levaron vidas ben distintas, pero que fai un bo espello das historias de moitas mulleres anónimas que naceron pouco despois da guerra civil.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share