Lemos libros para a rapazada sobre as “diferenzas”

Hoxe falamos de libros que abordan a diferenza, ou máis ben sentirnos diferentes, a través de perspectivas complementarias.

‘Distinta’ de Sozapato e Beto Valencia, traducida por Manuela Rodríguez para Kalandraka. É un álbum ilustrado que aborda a diferenza, pero neste caso non a diferenza como diversidade funcional, senón esa diferenza que aniña en todas nós. Neste caso, a diferenza de Lúa, a protagonista, radica en saber gozar dos elementos cotiás, deses elementos que ao mundo adulto se nos escapan xa, quizais porque perdimos xa a capacidade de soñar, a capacidade de fantasear cos elementos que nos rodean. As ilustracións están enchidas de detalles, e destaca a súa capacidade para representar “fisicamente” a fantasía.

‘A historia de Nuk’ de Paloma nchez Ibarzábal e Nastascha Rosenberg, traducido por Laura Sousa, para Narval. Nuk é un ser que non coñece ben a súa identidade e que lle vai preguntando a diferentes elementos naturais quen é ela. A transformación que supón o camiño, co seu elemento de aprendizaxe, é tamén unha das temáticas principais deste álbum.

Pin It on Pinterest