Lugo prepárase para o Caudal Fest

Esta fin de semana hai dous eventos pop. Un de interior: o Caudal Fest, os días 20 e 21 en Lugo, que pon a guinda aos grandes festivais do verán. A piques de esgotarse a capacidade do recinto, milleiros de persoas estarán en Lugo para ver, entre outros, a Xoel López.

Pero, se preferimos costa, temos este sábado outra convocatoria na beira do mar: o Barbeira Season Fest, en Baiona, o bado 21 de setembro. Entre os participantes está o grupo de trap en galego Boyanka Kostova.

O lanzamento discográfico importante da semana é o debut de Amaia Romero, a navarra gañadora de OT 2018, que dende o principio tratou de desmarcarse da corrente máis comercial doutros ex participantes nese concurso.

E, para despedir, ímonos preparando para a Festa do Marisco do Grove (3 a 12 de outubro), que xa anunciou unha programación musical na que destacamos nesta ocasión á irlandesa Imelda May, que recunca en Galicia.

Pin It on Pinterest

3 Shares
Share3
Tweet
Share