Novelas que non poden faltar na nosa libraría

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas ben diversas: a escrita policial de Arantxa Portabales en Beleza vermella e a narración histórica de Xabier Paz en Galileo no espello da noite.

Beleza vermella (Galaxia) é a historia da investigación dun asasinato en Compostela. Narrada con todas as claves herdadas do xénero negro (dende Agata Christie ata Dashiell Hammet, pasando por unha morea de nomes demestres e cultivadores deste tipo de escrita), nas súas páxinas as realidades de Tánatos e Beleza entrecruzan os seus camiños para mergullarnos nunha trama áxil, de capítulos breves e final intrigante.

Galileo no espello da noite (Xerais) é unha novela biográfica que nos achega á vida do xenial astrónomo, matemático e filósofo Galileo Galilei. A súa andaina vital ata chegar ao histórico episodio da súa abxuración constitúe a cerna desta obra, que axuda a entender non só as razóns dunha das mentes máis prodixiosas da Humanidade, senón tamén as luces e sombras da época que lle tocou vivir.

Pin It on Pinterest