‘O charco de Ulises’, a nosa Odisea Atlántica

O CDG abre a etapa de Fran Núñez como director con esta peza, versión libre da Odisea que fala da viaxe e pola tanto da aprendizaxe, do risco, da aventura, dos sentimentos encontrados do viaxeiro. Pero tamén de emigración e de inmigración, de fluxos migratorios, pero sen meterse en charcos… Versión amable, ás veces bucólica, outras (quizais as máis interesantes) misteriosas.
A dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre crea un espectáculo áxil en case todo o tempo, con importancia da música en directo e as coreografías e cunha Mónica Camaño no papel de Helena de Troia atinadísima no papel cómico. Galicia e Arxentina, pasado e presente, onte e hoxe e quizais mañá, se non perdemos a memoria.

Un comentario de Roberto Pascual. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share