Rapazas de Polar

Esta semana Armando Requeixo dá noticia da aparición de Rapazas de Polar, a máis recente novela de Eva Moreda. Rapazas de Polar (Morgante) nárranos as aventuras dun grupo de rapazas dun internado galego en tempos da Guerra Civil e a inmediata Posguerra.

Novela de formación, o realismo das súas páxinas non refuga certas pingas de fantasía para construír un retrato epocal no que se deitan, transversalmente, interesantes reflexións sobre cuestións como o papel da Igrexa, os marcados roles da muller e o home nestes anos ou o illamento deste tipo de centros respecto das circunstancias sociais que os rodeaban.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share