Reedítase ‘Libro da Ribeira Sacra’, de Araúxo

A reedición dun libro totémico: Libro da Ribeira Sacra [Cinsa do vento] de Emilio Araúxo (Biblioteca de Mesopotamia, 2019)

Libro da Ribeira Sacra [Cinsa do vento], publicado inicialmente en Noitarenga (1996) e recuperado agora como terceiro volume da Biblioteca de Mesopotamia —selo impulsado por Chan da Pólvora—, era o libro co que Emilio Araúxo (Coles, 1946) fendía a década dos 90 e comezaba unha peculiar traxectoria entre o pensamento e a tradución, a fotografía e a escrita, a edición e os cruces xenéricos. Volume inusual en termos de extensión, meticulosidade e enunciación, distante das máis das “estéticas da representación” que coñecemos, pode percorrerse como unha enciclopedia do territorio citado, cunha forte condición de sedimento ou legado, marcado pola multiplicidade de voces e a fluidez. Acompaña a reedición un prólogo demorado de Arturo Casas que achega categorías posíbeis, ferramentas críticas para acompañar a escrita de Araúxo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share