Tradúcese ao galego a poesía de Emily Dickinson e Robin Myers

Dúas poetas norteamericanas, entre o XIX e o presente: Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson (Rinoceronte, 2019) e Este é o agasallo que lle dou ó meu corpo de Robin Myers (Tulipa, 2018)

Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson (Rinoceronte, 2019), escolma e tradución a cargo de Marta Dahlgren e Manuel Forcadela, permítenos achegarnos á escrita dunha autora clásica da literatura norteamericana. Nacida en Amherst (1830), sobre a poeta pesou historicamente a forza do “mito”, o veo da reclusión e o illamento, felizmente en proceso de revisión. Trátase dunha edición bilingüe, presentada cronoloxicamente e guiada por criterios de representatividade, que privilexia o ritmo. Unha oportunidade para revisar a brevidade, precisión e orixinalidade da autora, así como o seu pensamento.

Este é o agasallo que lle dou ó meu corpo (Tulipa, 2018) é unha das plaquettes da colección 10×15 da compostelá Tulipa Editora. Esta escolma da poeta norteamericana Robin Myers (1987), da man da tamén poeta e tradutora coruñesa Claudia González Caparrós, alíñase cun dos propósitos da editora, o de promover traducións da escrita internacional. Un modo de descubrirmos unha obra directa, modulada a través de poemas longos e magnéticos que parten da observación e do cotiá, do experiencial e do corpóreo para afondar nunha identidade en movemento.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share