Os libros ‘Un vento que pasa’ e ‘Bock de cerveja’ chegan ás librarías

Esta semana Armando Requeixo tráenos noticia de dúas novidades narrativas: a novela Un vento que pasa, de Alfredo Conde, e o libro de relatos Bock de cerveja, de José Alberte Corral Iglesias.

Un vento que pasa (Galaxia) narra os días dun avogado xa maior que sofre un infarto e, con posterioridade, un episodio de gripe A que se complica nunha pneumonía case mortal que fai que lle induzan un coma de tre ssemanas e que, de resultas del, teñan unha longa e delicada convalecencia. Durante o tratamento da súa cardiopatía, coñece un grupo doutros enfermos cos que comparte rehabilitación e cos que fai amizade, compañeiros que logo oirán visitar á casa durante a súa convalecencia para contarlle historias e ir deluvando as súas vidas en común faladoiro.

Bock de cerveja (Baía) reúne unha trintena de relatos de moi variado xorne. Malia a súa disparidade, non poucos deles trasladan historias de emigrantes oude personaxes da Coruña da plena Posguerra na que se criou o autor, seres que son rememorados cunha ollada melancólica e que nos descobren episodios que igual nos trasladan ás feroces represalias dos sublevados contra os republicanos que nos falan do maquis, dos emigrantes (non) retornados ou das falcatruadas dos mozos na España gris dos finais dos cincuenta e os primeiros sesenta. Lembranzas que desfilan pola memoria da voz narradora, que as atrapa, saudosa, diante dun bock de cerveja.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share