Todas as colaboracións

Plásticos e microplásticos

Manuel Vicente avánzanos un dos temas do próximo ‘Efervesciencia’. A omnipresenza de plásticos emicroplásticos é un problema sobre que existe unha crecente preocupación social. Como se podereverter este fenómeno?

Novidades e premios do pop galego

Alfonso Espiño pica música de bandas galegas premiadas e recoñecidaspolo público nos últimos tempos.Soan cancións de Basanta, Presumido, Pardo e Roger de Flor.

Chega a Cineuropa o día 23 de novembro, no Teatro Principal: “Longa Noite”, de Eloy Enciso

Chega a Cineuropa o día 23 de novembro, no Teatro Principal: “Longa Noite”, de Eloy Enciso. 

Con Beli Martínez falamos de violencia de xénero no cinema, en concreto, no cinema galego. 

 

‘Xelís, o guieiro das botellas de mar’, de Rosa Aneiros, e ‘ Os corpos invisibles’, de Enma Pedreira

Lectura de Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, e Os corpos invisibles, de Enma Pedreira.

A nosa especialista en literatura infanto-xuvenil, Montse Pena Presas, sitúa os dous libros como os mellores premios Merlín e Jules Verne dos últimos anos.

Viaxamos con Tito Lesende á feira Monkey Week de Sevilla

Viaxamos con Tito Lesende á feira Monkey Week de Sevilla e comentamos a presenza galega neste festival, con proxectos como Baiuca ou Blanco Palamera.

Lembramos, ademais, dúas citas importantes dos vindeiros días: os concertos do estadounidense Curtis Hanrding en Ferrol, e o das galegas Agoraphobia en Santiago de Compostela.

‘Intemperie’, con Luís Tosar, a estrea baseada na exitosa de novela de Jesús Carrasco

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez; recomenda esta semana a estrea do filme español Intemperie, que protagoniza Luis Tosar. Está dirixido por Benito Zambrano apoiándose na novela multivendas de Jesús Carrasco.

Recordamos ao profesor Caamaño Gesto e achegámonos ás Xornadas Castrexas celebradas na pasada fin de semana en Doade (Lalín) da man da arqueóloga Vanessa Trevín

Recordamos ao profesor Caamaño Gesto e achegámonos ás Xornadas Castrexas celebradas na pasada fin de semana en Doada (Lalín) da man da arqueóloga Vanessa Trevín. 

 

 

O primeiro libro impreso en galego coñecido ata hoxe é de teatro

A editorial Laiovento acaba de presentar a edición crítica dun entremés do ano 1707 que supón toda unha revolución historiográfica e cultural. Os achados do historiador Julio González Montañés desta peza breve, “Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña”, ponnos sobre a mesa un cambio con respecto ao relato crítico dos denominados Séculos Escuros da literatura galega e unha reconsideración sobre a evolución histórica do noso idioma.

A peza amósanos o poder propagandístico do teatro (naquela altura), posúe un grande interés lingúístico, valor histórico e inspirador impulso como fonte de creación escénica ou material en verso para os estudos de Arte Dramática. Cómpre salientar que esta novidade editorial vén acompañada de tres estudos, literario, histórico e lingüístico, que acrecentan o seu interese pedagóxico e rigor como material para o adestramento das técnicas do verso, da fonética e do traballo da oralidade, das variantes lingúísticas e da expresión oral en xeral para calquera actor ou actriz que queira traballar co noso idioma.

Ofrecemos hoxe os sons de dúas propostas musicais chegadas desde terras veciñas: D’ Urria (Bierzo) e Cerezal (Asturias)

Ademais estreamos o traballo publicado pola Asociación Cultural Trepia, que titularon “Suán”, e tamén un segundo adianto do novo disco das Tanxugueiras, “Contrapunto”, que sairá á venda o día 22 e que presentarán o vindeiro domingo, día 25, en Lume Na Palleira.

‘Seique’, de Susana Sanches Arins,e ‘Aqueles momentos que perdemos’, de Xavier Estévez

Esta semana Armando Requeixo proponnos dúas novidades narrativas de signo ben diverso: a ollada ao pasado para dignificar a memoria de Seique, de Susana Sanches Arins, e a prospección sobre un futuro imaxinario de Aqueles momentos que perdemos, de Xavier Estévez.

Seique (Através) non é un libro de narrativa convencional: non é unha novela, tampouco un conxunto de relatos, talvez unha constelación de prosas que funcionan como un sistema de evocacións memorialísticas que bebe do ensaístico sui generis e da pulsión poética para documentar un mundo que se (re)constrúe por fragmentos e testemuños, nunha multiplicidade de voces que teselan unhas sobre outras para contarnos como foi a represión franquista, defrontando a visión dos vencedores á das vencidas, indo da violencia intrafamiliar á comunitaria, documentando as cicatrices do terror franquista nas mulleres que o padeceron e nos seus ecos pasados e presentes.

Aqueles momentos que perdemos (Obradoiro) é unha distopía que nos convida a imaxinar unha Galicia futura na que todas as persoas foron perdendo a memoria, esa sutil argamasa que nos une como humanos. En tan témero escenario, a adolescente protagonista inicia unha viaxe a un lugar que figura anotado nun vello caderno e que supón especial. No camiño atopa unha nena e xuntas percorren ese mundo que esfarela e van descubrindo a importancia de manter as acordanzas para vencer o silencio, a morte en vida que supón perder a identidade a mans do esquecemento absoluto.

Pin It on Pinterest