Os Cines Fórum proxectan “12 leiras” de Maceiras e Xosé Bocixa

As casas de pedra abrigaban ás familias cuxa vida xiraba arredor da lareira, as cortes, os alpendres, os hórreos ou os muíños que quedarían asoligados nas augas do encoro do Rexedoiro. A comarca, unha chaira con boas terras de cultivo, sustentaba unha economía labrega na que o gando e a terra tiñan unha importancia vital. Os terreos que hoxe ocupa o Polígono Industrial de Sabón pertencían, ata 1965, ao rural galego.

Moitas das súas descentes deixan o seu testemuño neste proxecto audiovisual de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa que conta coa participación de Nós Televisión na produción e tamén na emisión do filme.

Será este luns 13 ás 19:30 nos Cines Fórum da Coruña.

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share