Sergio Moure, un compositor coruñés “de película”

Dende A Coruña, e pouco a pouco, Sergio Moure foi poñendo cada vez máis o seu nome nos títulos de crédito dos cines. Dende aquela banda sonora de ‘Inconscientes’ do ano 2004, que supuxo a súa primeira partitura para o cine coa correspondente candidatura para os Premios Goya e os Gaudí. Despois músicas para “Cargo”, composta conxuntamente con  Stephen Warbeck, gañador dun Oscar con “Shakespeare in love”, así como outros encargos para televisión como “Ecos” ou “Reliquias”.

Despois máis bandas sonoras para longametraxes coma “Un bo home”, “Retornos”, “Secuestrados”, “Lobos de Arga”, “Todo é silencio”, “O Corpo” ou “Tesis sobre un homicidio”.

Xa recentemente, o novo espectáculo “Leira”, de Nova Galega de Danza ou a película “Feedback”, que se estrea este venres 17 en Estados Unidos.

Pin It on Pinterest

5 Shares
Share5
Tweet
Share