A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona, xuntos polo humor

A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona únense polo humor. Neste Diario Cultural falamos con Quico Cadaval, actor do espectáculo”Vacas, guerras, porcos e cregos” da Cía Producións Teatrais Excéntricas. Tamén escoitamos a Enric Cambay, subdirector do Singlot Festival. Andreu Buenafuente é o director desde hai 5 anos (2015) do Singlot Festival de Sant Feliu de Guixols en Girona do 4 ao 7 de xullo.

Unha historia de dous cómicos demandados por un chiste. Hai límites ao humor? Estes cómicos deben ir ao cárcere? Un espectáculo de reflexión en que o público decide o final do espectáculo.

Pin It on Pinterest