Comeza o encontro de narración oral ‘Sete Falares’

Comeza a oitava edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias de Pontevedra, con historias das dúas beiras do Atlántico. Neste Diario Cultural falamos con Tareixa Alonso, compañía Pavís Pavós, organizadora e participante do evento. Tamén escoitamos a Cándido Pazó, contador e dramaturgo; e con Carolina Rueda, contadora de historias. 

Estamos perdendo o costume de escoitar contos? Os máis pequenos da casa descobren a maxia de comezar a escoitar unha historia e que o mundo ao teu arredor desapareza. Non hai nada máis forte que o poder dunha historia.

Pin It on Pinterest