Eloy Domínguez Serén preséntanos o seu novo filme

Chega aos cines “Hamada”, o novo filme do galego Eloy Domínguez Serén. O cineasta presentounos o seu traballo nos estudios da Radio Galega.

“Hamada” é un documental que narra o conflito saharauí a través da vida das persoas. Unha historia de dureza dende a perspectiva da vitalidade e o humor.

“Penso que a película pon nomes, apelidos e rostros a un conflito que quizais estaba demasiado nas estatísticas e nas cifras. Achéganos a unha realidade que está caendo no esquecemento”, asegura o cineasta.

Pin It on Pinterest

20 Shares
Share20
Tweet
Share