Xabier López, gañador do Premio Torrente Ballester

O escritor Xabier López é o gañador do Premio Torrente Ballester coa súa obra ‘900’. A novela percorre a historia de Galicia e de Europa dende o século XIX ata a posguerra. “Sagaz e cervantina”, así definiu o xurado esta peza. O lector comeza esta viaxe a través das letras cunha cita de ‘Os camiños da vida’ de Otero Pedrayo. A partir de aí, o declive da fidalguía galega convértese no punto de enlace coa historia de Xabier López.

Neste espazo cultural tamén presentamos o novo proxecto de Baiuca, coñecido tamén como Álex Guillán. A súa creación constrúese a partir do traballo de Aliboria, un colectivo de novos músicos galegos dirixidos por Xosé Lois Romero. Trátase de ‘Olvídame’, un canto enxebre con música tradicional, que mestura elementos do pasado con trazos muy anovadores.

 

Pin It on Pinterest