Arranca Cineuropa en Compostela

Compostela énchese de cine no mes máis esperado do ano para os cinéfilos. Este mércores comeza Cineuropa con máis de 300 proxeccións e un xurado formado por xente nova. O estudantado universitario é o que consolida ano tras ano esta oferta cinematográfica. Ángel López e Gonzalo Rodríguez, de Farmacia e Historia da Arte, forman parte deste novo xurado. Ambos contan con ver máis de 22 películas neste mes de novembro.

Trátase dun fenómeno cultural compartido entre os amantes do cine. Nesta edición de Diario Cultural, Ángel e Gonzalo reflexionaron sobre a frecuencia coa que a xente nova visita as salas de cine. Ambos coincidiron en que Cineuropa é unha ocasión perfecta para descubrir o auténtico cinema e pezas creadas por artistas galegos.

Pin It on Pinterest