Luís Vallecido pon música aos contos clásicos

Volven os contos clásicos, pero esta vez con música e baile. Luis Vallecido publica ‘Cantamos’, un libro-disco no que podemos escoitar as historias de sempre dunha forma diferente. Esta obra chega da man dunha nova editorial, Guindastre. Nas ondas da Radia Picariña, a emisora infantil da Radio Galega, xa podemos escoitar estas auténticas obras de arte.

“Teño unha débeda importante co público galego”, conta este músico madrileño, ao que engade: “este disco é unha forma de devolverlle a Galicia todo o agarimo que sempre me deu”. Un libro creado co amor á terra e á cultura galega.

Neste espazo cultural tamén recibimos a visita de Celtia Figueiras, autora dos textos de ‘Cantamos’. A obra inclúe uns elementos moi anovadores: os pictogramas. Así nace un libro inclusivo, que facilita o acceso para os máis pequenos da casa. “Non somos concientes do importante que son os pictogramas para facilitar a lectura das persoas con autismo”, explican os dous artistas.

Pin It on Pinterest

4 Shares
Share4
Tweet
Share