O Consello da Cultura Galega recupera as primeiras gravacións en lousa

Nestes tempos da música do móvil, os vinilos parecen xa unha cousa do pasado. E recordan os discos de lousa? Hoxe descubrimos como se foi rexistrando a música ao longo do tempo.

O Consello da Cultura Galega recupera unha primeira colleira das gravacións musicais en lousa. Viaxamos ata 1904, onde atopamos a máis antiga da colección. O xornalista Xosé Ramón Pousa é quen dirixe este arquivo sonoro.

“Son pezas que recordan ás pizarras que empregabamos na escola cando eu era neno”, lembra Xosé Ramón Pousa.

“O obxectivo é salvagardar o patrimonio sonoro galego. Nós facemos un traballo de recompilación, logo conservación, preservación e difusión”, explica Cristina Pujales, coordinadora técnica do arquivo sonora do Consello da Cultura Galega.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share