O San Simón Fiddle, un campamento musical para o verán

Descubrimos o San Simón Fiddle, un curso de música especialmente destinado para a rapazada, onde combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre. Neste Diario Cultural falamos con Begoña Riobó, violinista e profesora; e Anxo Pintos, músico e profesor. Tamén escoitamos as voces dos cativos e adolescentes que participan nesta actividade de verán.

Máis dun centro de participantes, entre 7 e 18 años, comparten a súa paixón pola música na Illa de San Simón.

“Queremos que a rapazada descubra a música dunha forma diferente, completamente libre”, explica a profesora Begoña Riobó.

“Para min o violín era unha materia máis da miña formación ata que cheguei ao campamento e descubrín que é moito máis, unha forma de transmitir o que ti es, os teus sentimentos”, asegura un dos músicos que participan neste actividade.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share