O teatro escolar Sardiña, unha forma diferente de estudar latín

Falamos do Grupo Sardiña. Ricardo Martín, profesor de Latín xubilado, foi o director do grupo de teatro escolar Sardiña e Parrocha. Agora forma parte da Cruz de Afonso X O Sabio pola súa contribución ao teatro escolar e grecolatino.

“O teatro forma parte da nosa vida, estamos vivindo nese mundo imaxinario en que nos transformamos noutros personaxes, temos ilusións e aspiramos a alcanzar soños e outras vidas”, explica o profesor.

“Facendo teatro escolar apréndese a convivir cos adolescentes, unha experiencia moito máis enriquecedora que as clases de latín ou grego”, engade nas ondas da Radio Galega.

Entre os seus alumnos estaba a gran Lucía Regueiro, que recorda os seus inicios con Ricardo Martín.

Pin It on Pinterest