Un filme en galego compite por primeira vez en Cannes

O filme ‘O que arde’ de Oliver Laxe é a primeira película en galego que compite no festival francés de Cannes. Neste Diario Cultural falamos con Ángel Suanzes, enviado especial da CRTVG na cidade francesa. Tamén coñecemos o actor protagonista, Amador Arias.

“Estar en Cannes non é nada sinxelo. É fundamental para a construción do cinema galego e a defensa da nosa identidade”, asegura Suanzes.

Un filme que vai dende o intimismo ata a narración documental arredor dus dos problemas máis graves da nosa terra: os incendios que cada ano enchen de cinzas os nosos montes.

“Unha película construída para representar os galegos e para que o pobo poda sentirse orgulloso e ilusionado”, engade.

Na cidade francesa tamén están os protagonistas da historia, Amador Arias y Benedicta Sánchez, dous actores amateur que sorprenderon ata ao mesmo director.

“Hai un momento da gravación en que a personaxe de Benedicta colle unha forza que deixa abraiado ao propio creador da historia”, di Suanzes.

Pin It on Pinterest