Manuel Vicente

Manuel Vicente García é doutor en Ciencias Químicas con acreditación de doutor europeo (USC, 2004) e Máster en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental (Universidade Pompeu Fabra, 2005).

Desde outubro de 2006 dirixe e presenta o programa de divulgación científica da Radio Galega Efervesciencia producido pola USC con financiamento da FECYT. En 2016 foi presentador e guionista no programa da Televisión de Galicia “Éche Así”. En 2013 gañou un premio Prisma na modalidade de radio  na XXVI edición dos “Premios Prismas Casa de las Ciencias” á Divulgación concedidos polos Museos Científicos Coruñeses e pola FECYT. Tamén recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia: o segundo premio na edición de 2008, e o primeiro na edición de 2009. En 2018 faise coa III edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico convocado pola Real Academia Galega de Ciencias.

En 2009 traballou como funcionario interino nos Museos Científicos Coruñeses como Técnico Superior de Museo Científico. Foi asesor científico e guionista do programa “Conexións” da Televisión de Galicia (2010-11). É membro fundador e directivo da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica. Desenvolve todo tipo de traballos de comunicación da ciencia como freelance: formación especializada, obradoiros, charlas,… Tamén está implicado na organización de “Regueifas de Ciencia”, “Escépticos no Pub-Compostela” e no programa de divulgación científica “Aquelando” para a TVG.


Colaboracións

0 Shares

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share