Matías Tarrío

Licenciado en Filoloxía Galega pola USC e Técnico en Realización pola EIS. Leva anos traballando en programas da TVG: foi presentador (Cazador de Palabras), reporteiro (Xente Con Xente), guionista (A casa de 1907), director (Galegos No Mundo, Buscando Ardebullo) e xefe de redacción (Oh Happy Day).

De moi novo tocou en Os Gin-Tonics e fixo críticas de discos. Despois dirixiu algún videoclip (Grelo 66 de Kastomä, premio ao mellor videoclip no Festival de Cans) e agora reparte o seu tempo entre crear contidos para VINTE, coleccionar discos de vinilo e facer de picadiscos cando o chaman.

Pin It on Pinterest